Orientadora Laboral
O concello de Ribas do Sil en colaboración coa Consellería de Traballo, ten en marcha un Servizo de Orientación Laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas.
Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional son:
-
Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
-
Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
-
Optimizar a oferta formativa existente
-
Compatibilizar a demanda da persona coa oferta existente
-
Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer as persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.
TIPOS DE ACCIÓNS:
As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:
-
Entrevista Profesional-Ocupacional en profundidade para coñecer o seu perfil.
-
Itinerario de Inserción Laboral analízanse as súas capacidades e créase o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas.
-
Información Profesional dentro do espacio territorial da súa búsqueda de emprego.
- Búsqueda Activa de Emprego mediante grupos de traballo, o usuario/a planifica e organiza a busca de emprego asesorado/a por unha técnica que coordine todo o proceso.
Punto de información.
O concello dispón tamén dun punto de Información do Servizo Galego de Colocación no que os veciños poden:
-
Renovar a súa demanda de emprego sen ter que desprazarse ata a oficina de emprego de Monforte de Lemos. Para poder renovala a primeira vez hai que acudir a Oficina de Emprego para rexistrar a impresión dixital.
-
Facilita o acceso as ofertas de emprego en difusión, programación de cursos do Plan FIP, Servizo Galego de Colocación.
-
Facilita o acceso a consultas nas páxinas Web, dos diferentes Servicios Públicos de Emprego Autonómicos e Nacional, Oficiais das administracións públicas, etc,...