Biblioteca
A Biblioteca Municipal de Ribas de Sil está integrada no proxecto Meiga.
O Proxecto Meiga é unha aplicación de xestión de bibliotecas, ainda que esa é a sua misión principal o proxecto alcanza outras dimensións como son as da automatización dos procesos de catalogación, préstamos, etc, normalización de datos bibliográficos, procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración das bibliotecas galegas nunha rede e a incorporación delas na nova sociedade da información. Ver a portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música, ver un trailer dunha película, ler comentarios sobre un rexistro ou simplemente leer libros electrónicos en línea é unha realidad co MEIGA.
Na actualidade o número de rexistros bibliográficos que hai na biblioteca ascende a 4 252, entre libros, música, revistas, etc.
Email: biblioteca.ribasdesil@eidolocal.es
Ludoteca
O Concello conta cunha Ludoteca, espazo lúdico-educativo no que se empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofertanse:
- Gran cantidade e variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos rapaces e das rapazas.
Servizos que se ofertan:
- Sala para gozar da música - Préstamo de xoguetes e libros
- Préstamo de xoguetes e libros - Libros, banda deseñada e prensa
- Saídas e excursións - Xogos e obradoiros sobre o medio natural
- Visitas culturais - Xogos de mesa
- Xogos simbólicos e dramáticos - Sala de manualidades e obradoiros
- Creación e construción de xoguetes - Cine infantil
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas
- Xogos de exterior, con material alternativo, cooperativos, predeportivos e deportes
A quen está dirixido:
Para nenos e nenas de entre 2 e 12 anos.
Internet Rural

O Concello conta con 6 ordenadores para o acceso gratuito a internet, pertencentes o programa Telecentros.es cuxo principal obxectivo é facilitar o acceso ás novas tecnoloxías tanto ás poboacions rurais coma aos colectivos menos integrados a fin de lograr a súa participición efectiva na Sociedade da Información.