Arquitectura Civil

Pazo do Batanero

Pazo BataneroCa desamortización de 1.850, sácanse a poxa as terras e foros da abadía en lotes grandes que unicamente poden ser adquiridos por persoas con elevada capacidade económica, como foi D. Manuel Batanero e Flórez, o que fai que a situación económicosocial que pretendía soluciona-la desamortización, perpetuouse ó non ter acceso á propiedade da terra ós pequenos labregos.
Manuel Batanero merca as terras da Abadía e en 1.850 comeza a edificar un gran pazo rematado no 1.889 nas inmediacións do seu antigo caserón na Costa.
Numerosos artesáns de diversos oficios participan nas obras.
A súa etapa de esplendor alargouse ata os anos 30, en que morre D. Manuel Batanero, isto unido a morte do seu xenro, o comandante Belloch, cando intentaba aterrar co seu avión no campo da Abadía, fan que as visitas dos herdeiros sexan cada vez máis espalladas.

 

Ponte de Ferro de San Clodio

Esta ponte é un das construcións máis emblemáticas de San Clodio e un dos símbolos do Concello de Ribas do Sil.
Ponte de Ferro de San ClodioAtópase na capitalidade deste termo municipal, a entrada do pobo, sobre o río Sil.
Esta ponte foi rematada no ano 1.883 con proxecto de enxeñeiro Pelaio Mancebo. Ten dous arco de pedra que serven de apoio es dous taboleiros metálicos de 78 e 18 metros de longo cada un deles. O seu custo foi de 261.923 pesetas do século XIX.

Para poder construíla foi necesario baixar 10 metros por debaixo da canle do río, para o que se usou unha técnica moi nova naqueles tempos, a campá pneumática, que permitía traballar debaixo da auga con aire a presión. Este invento do enxeñeiro Eiffel levou o erro de crer que el fora o proxectista da ponte.
Para certifica-la súa resistencia usáronse carros tirados por tres parellas de cabalos con 12 toneladas de carga canda un.

 
 
Servizos ó cidadán